#euquedonacasa |
Ola peixiñ@s!
Esta semana imos comezar todos/as cunha canción nova. Non a vimos na clase pero é bastante faciliña. Só ten catro sons: sol, la, si e do´. Como veredes está escrita en compás de catro por catro e as figuras son negras, blancas e redondas.
Para aprendela ides seguir os mesmos pasos que na clase: escoitádea e copiádea na libreta de música, fixándovos ben que cada nota estea no seu lugar. Tedes que practicala, primeiro lendo as notas e dando palmas para medir os tempos. Cando xa vaia saíndo, cantades as notas e dixitades na frauta. Agora xa poderedes intentar tocala co acompañamento.

Imos aló!
"Récord" (Tutti)
Tamén esta semana ides repasar algunha das cancións que fomos aprendendo este curso e o anterior, xa que máis adiante ides precisalas para tocar a dúas voces.
Como xa sabedes, non todos os grupos de cuarto tedes as mesma cancións. Pouco a pouco vounas ir colgando, así poderedes aprender cancións doutros grupos.
Comezamos por "Nana".

"Nana" (4ºA,4ºB,4ºC)
As notas Si, La e Sol son as protagonistas desta fermosa canción. Xa sabedes que é moi importante respirar onde marca a vosa partitura, xa que vos axudará á expresión do fraseo musical. Lembrade a súa estrutura:Intro- A-A-A-Interludio-A-A
"As Campás" (Tutti)
Lembrades o que é unha anacrusa? Foi nesta canción onde a vimos por primeira vez. Para facer memoria, a anacrusa consiste en que o primeiro compás comeza incompleto. Aproveitádea para marcar o acento na primeira nota do segundo compás."Jazzburguer" (4ºC)
Prestade moita atención aos sinais de repetición.
Con este vídeo aprenderedes a debuxar un violín. Practicade moito e, cando vos saia ben, recortádeo, pegádeo na libreta de música, buscade en internet o nome das súas partes e escribídeas. Podedes colorealo e decoralo como máis vos guste! Tamén poderedes animarvos a debuxar ao resto da familia... é cuestión de tamaño!!
Un bico grande e ata a semana que ven! Non vos esquezades de petiscar na frauta!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario