venres, 20 de marzo de 2020

A Primavera


#EUQUEDONACASA


 Vera, Vera, Pimavera


Teño unha curmá pequena
que se chama Prima Vera.

Ela endexamáis me espera
nin aquí nin acolá.

Vera Vera Prima Vera
Vera Vera Prima Ma.

Prima Vera, que non chegas!
Prima Vera, onde estarás?

                   Antón García Teijeiro


Ola rapazas e rapaces! 

Hoxe decidín darvos a benvida cunha pequena poesía sobre a Primavera. A partir deste poema poderemos facer algunhas actividades. Apetécevos petiscar nalgunha delas? Pois veña!

Podedes comezar facendo un xogo rítmico cos instrumentos do voso corpo. Mentres a recitades, percutides cas palmas na parte forte das palabras, ou sexa, no acento. A vosa palma ten que coincidir ca sílaba que está suliñada.


Teño unha cur pequena que se chama Prima Vera.

Ela endexamáis me espera nin aq nin acolá.

Vera Vera Prima Vera Vera Vera Prima Ma.

Prima Vera, que non chegas! Prima Vera, onde estarás?


Podedes repetilo cos pés, cos xeonllos, chascando os dedos... tamén podedes facelo chocando as vosas mans cas doutra persoa.

Cando xa a saibades de memoria, podedes escribila nunha folla, con boa letra, e decorala con cores primaverais. Mentres debuxades, escoitade esta música. É moi famosa e está composta por Antonio Vivaldi, un músico italiano que fixo música para cada unha das estacións do ano. Seguro que a coñecedes!




Pois sí, era "A Primavera". Queres coñecer a Vivaldi?



Antonio Vivaldi naceu en Venecia no ano 1678.
Foi compositor, violinista e un dos músicos máis importantes da historia. 
Compuxo máis de 770 obras, entre elas "A Primavera".
Era coñecido polo nome "il prete rosso", porque era cura e pola cor do seu cabelo, aínda que nesta foto leva unha perruca branca.
Formou a súa orquestra nun colexio de nenas orfas, onde traballou moi feliz e todo o mundo quería asistir aos seus concertos. 

 Morreu en Viena no ano 1741.


Cantos anos viviu Vivaldi? Veña, bota as contas!

Nestes enlaces atoparedes un debuxo de Vivaldi e outro do seu instrumento preferido.

https://i.pinimg.com/236x/78/1b/c1/781bc1b4f93cfdd1c5c5d206c2a10bdf--kids-music-music-class.jpg

https://i.pinimg.com/originals/c7/62/17/c762170895cdc4bdb289bbc1f5b91c78.jpg

Podedes decoralos, recortalos e pegalos no outro lado da folla da Primavera ou noutra folla distinta. Como máis vos guste. Gardade os traballos para que eu poda velos cando voltemos ao cole. Seguro que quedarán estupendos! 

Aquí poderás escoitar "As catro estacións" de Vivaldi mentres traballas co seu debuxo.





Xa para despedirnos déixovos aquí un pequeno vídeo dun dos mellores violinistas actuais. Chámase Ara Malikian e, como Vivaldi, é violinista e compositor. A música que ides escoitar titúlase "Pisando flores", e está composta por el mesmo.

Espero que vos guste!! 

Un bico e ata a semana!! Coidádevos moito!!!!!


















Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...