domingo, 29 de marzo de 2020

Franz´s Boogie




Ola music@s:

Retomamos os ensaios con esta melodía tan pegadiza: Franz´s Bogiee. Déixovos aquí o audio para que poidades acompañarvos da música. A partitura xa a tedes vós. 

Uns conselliños antes de comezar: mirade a partitura amodiño, parte por parte, fixándovos nos detalles, especialmente nas pasaxes que conteñen grupos rítmicos máis complexos como semicorcheas, puntiños, síncopas, silencios, ligaduras … Mellorade as partes que non saen, non deixedes os erros sen corrixir. Os dedos, para correr, precisan axilidade e iso consíguese practicando moito: primeiro despacio e aumentando a velocidade a medida que o afianzades.
A segunda parte da peza precisa dunha especial atención; non é difícil pero o último día que a tocamos … aínda non estaba lista para sacala do forno.

Nada máis. A petiscar na frauta todos os días un pouquiño. Se présa pero sen pausa.





"Franz´s Boogie é unha versión estilo "boogie woogie" dunha peza clásica do compositor Franz Schubert, popularmente coñecida como "La trucha".


Franz Peter Schubert naceu en Viena (Austria) no ano 1797. Foi un dos principais músicos da época do Romanticismo musical.

Viviu só 31 anos, nos que foi capaz de compoñer unha obra musical excepcional, aínda que a súa música non foi recoñecida ata finais do século XIX.


Foi un gran compositor de "lieds", composicións breves para voz e piano, así como de moitas obras para piano, o seu instrumento principal.

Foi un gran admirador de Beethoven. Morreu no ano 1828.





Aquí poderedes escoitar a música orixinal "La trucha", tocada por un quinteto (cinco instrumentos: violín, viola, violoncello, contrabaixo e piano). Sobre esta música, creose a versión "boogie woogie" que vós tocades. 

Espero que vos guste. A mín encántame!

Unha aperta.











Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...