#euquedonacasa |
Ola rapazas/es:
Hoxe imos facer música co noso corpo á vez que practicamos as figuras musicais que aprendimos no cole. E todo, cantando!
Quentamos motores. Preparad@s, list@s...comezamos !!!
Agora que xa estamos en acción, imos traballar cos instrumentos do noso corpo. Tedes que prestar moita atención. Como veredes hai dous paxariños: un de cor azul e outro de cor rosa. O paxariño azul é o mestre e vós sodes o paxariño rosa. Veredes que O mestre fai os ritmos primeiro e logo, repetides vós. Igual que facemos na clase de música do cole: primeiro observades moi atentos e despois repetides. A medida que avanza a canción vai aumentando a velocidade e xa o facedes xuntos. É moi importante que empreguedes todos os instrumentos que vos indican, incluída a voz. Aí vai, moita atención:
Que tal? Gustouvos? Podédelo repetir as veces que vos apeteza. Tamén o podedes practicar ca vosa familia: un/ha é o paxariño azul e outro/a o rosa.
Imos agora cas figuras musicais que aprendimos no cole. Cales eran? Pensádeo e contestade antes de seguir adiante.
Sí, tedes razón: redonda, blanca, negra, silencio de negra e corchea. Agora que a memoria xa está en marcha, imos traballar a blanca, a negra, o silencio de negra e as corcheas con estes dous exercicios rítmicos.
Lembrade que cando vexamos a negra dicimos "ta", ás corcheas chamámoslle
"ti-ti" e á blanca, imos dicir "blan-ca", como facemos no cole, aínda que neste vídeo poña "To-e". Practicádeos tantas veces como queirades cambiando de cada vez o instrumento: palmadas, pés, xeonllos, dedos, bicos... e todos os que se vos ocorran.
Lembrade que cando vexamos a negra dicimos "ta", ás corcheas chamámoslle
"ti-ti" e á blanca, imos dicir "blan-ca", como facemos no cole, aínda que neste vídeo poña "To-e". Practicádeos tantas veces como queirades cambiando de cada vez o instrumento: palmadas, pés, xeonllos, dedos, bicos... e todos os que se vos ocorran.
Agora toca escribir e ler unha pouquiña música.
Na primeira ficha tedes que relacionar e unir a figura musical co seu nome e as sílabas que decimos cando as lemos. Na segunda,hai que poñer debaixo das figuras as sílabas. A última tarefa consiste en ler estes ritmos á vez que dicimos "ta", "ti-ti" ou sshhh!!!, según corresponda. Podedes facelo primeiro con palmadas e logo repetilo con diferentes instrumentos, como no exercicio anterior.
Se non podedes imprimilo, non pasa nada, podedes facelo por aquí:
Se decidides descargalo e facelo en papel, ide gardando as fichas nunha carpetiña. Poñéde o voso nome, o curso, o grupo e a data. Logo poderemos facer un caderno con todos estes traballiños.
DESCARGAR
Que vos parece se investigamos un pouquiño o son que fan os diferentes materiais? Se vos apetece, podedes elaborar unha maraca con material de refugallo. Decorádea ben bonita, ao voso gusto.
Intentade facer varias maracas, meténdolle dentro materiais de diferente tamaño: arroz, lentellas, garavanzos, macarróns, fideos... Que pasará? Soarán iguais? Por que?
Cando estea feita, podedes traballar todos os exercicios anteriores con ela.
Xa estamos a piques de rematar, pero antes quero ensinarvos outra música sobre a Primavera.
A semana pasada escoitamos "A Primavera" de Antonio Vivaldi, lembrades? Pois ben, hoxe imos escoitar "O Vals das flores" de Tchaikovsky, unha música que fala tamén da chegada da primavera. Fixádevos ben nos instrumentos.
Facede un debuxo sobre as flores e os animais da primavera, mentres escoitas a música de novo.
Atopa aquí os instrumentos que soan no "Vals das flores". Recortádeos e coloreádeos. Peggádeos no voso debuxo e poñédelle o título da música e o nome compositor: "O Vals das flores". Tchaikovsky. Ollo con ese apelido, que é moi difícil de escribir. É ruso!
Lembrade poñer tamén o voso nome!!
Agora xa tedes o voso cadro do "Vals das flores". Seguro que é ben bonito. Gárdao para que poda velo cando voltemos ao cole.
Ide facendo estes traballiños pouquiño a pouco. Agora veñen uns días de vacacións e, cando rematen, seguiremos divirtíndonos con máis música!!!
Imos despedirnos dedicando esta canción as todas as persoas que estes días están e estades sendo tan valentes. Se cada un de nós aporta o seu graíño de area, axiña voltaremos ás nosas vidas. Escoitádea e bailádea ca vosa familia.
Lembrade que a vida con música, soa mellor!
Ata a semana!!! Un bico primaveral !!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario