#euquedonacasa |
Ola rapazas e rapaces!
Hoxe imos comezar cantando unha canción moi divertida sobre os instrumentos musicais. Non está en galego, tampouco en castelán, nen tan sequera en inglés! Está en portugués, pero xa veredes que se entende moi ben e axiña a aprenderedes. Estade moi atentos/as porque precisades a memoria.
Preparad@s? Aí vai!
Como vedes, na tenda do mestre André saen moitos instrumentos das tres familias da orquestra que son: vento, corda e percusión.
Hoxe imos traballar cos instrumentos de corda. Para coñecelos imos escoitar ao noso amigo e violinista Antonio Vivaldi.
Agora abre ben as túas orellas!
Que vos parece se intentamos debuxar estes instrumentos? Na páxina que vos deixo aquí veredes como se poden debuxar, de forma moi faciliña, todos os instrumentos musicais que vós queirades. Esta semana debuxade os instrumentos de corda que aparecen no vídeo. Cando vos saian ben, podedes recortalos, decoralos e pegalos na libreta de música. Ponlle o nome a cada un deles.
https://www.youtube.com/watch?v=-kob95hhu-I
Ides agora a escoitar unha composiciòn de Antoni Vivaldi titulada "O verán".
Antonio Vivaldi naceu en Venecia (Italia), no ano 1678.
Foi compositor, violinista e un dos mellores músicos da historia.
Compuxo 770 obras. Escribiu unconcerto para cada unha das estacións do ano e titulono "As catro estacións".
Vivaldi era coñecido polo nome "il prete rosso" porque era cura e tiña o cabelo vermello. Na foto que ves leva unha perruca branca porque estaba de moda nesa época.
Formou a súa orquestra nun colexio para nenas orfas, onde a xente asistía para poder escoitar a súa maravillosa música.
Neste vídeo, "O verán" está interpretado por Ara Malikian, un estupendo violinista, igual que Vivaldi. Xa veredes que ben toca!

Ara Malikian naceu en Beirut (Líbano) no ano 1968. O seu pai ensinoulle a tocar o violín cando era pequeno e axiña deuse conta que tiña moito talento. Durante moito tempo tivo que vivir escondido en refuxios aéreos, xa que no seu país houbo unha guerra que durou moitos anos. Deu o seu primeiro concerto con 12 anos e, grazas ao seu esforzo, con 14 concerédonlle unha beca para estudar cos mellorores mestres de violín. Agora vive en España e da concertos por todo o mundo.
Que che parece se buscas no mapa as cidades onde naceron estes famosos violinistas? Cantos anos se levan? Veña, pon a cabeza a funcionar.
Para despedirnos, déixovos un conto con instrumentos das tres familias.
Espero que vos guste!! Un bico e ata a semana que ven!
Ningún comentario:
Publicar un comentario