mércores, 18 de novembro de 2020

Eso que tú me das !!

 



Benvidas e benvidos a Petiscos Musicais!


Despois duns meses de descanso e das semanas de adaptación ao cole, voltamos con moita música e moitas ganas de aprender e traballar.

Como xa sabedes, o blog vai ser un recurso máis da aula de música para aprender na casa e na clase. 

Este curso a clase de música vai ser algo diferente: imos dar  clase na nosa aula, non imos levar a frauta, non poderemos traballar con todos eses instrumentos tan chulos que hai na clase... pero non pasa nada. Imos aproveitar esta oportunidade para construír os nosos propios instrumentos, para aprender a facer música doutro xeito, para coñecer a moitos intérpretes e compositores pero, sobre todo, para seguir divertíndonos cos nosos amigos e amigas a través da música.

Neste blog colgaremos as actividades semanais que imos traballar na clase; se por calquera circunstancia non podedes vir á escola, poderedes abrir  o blog e alí estarán as actividades que imos facer na aula. 

O blog tamén nos axudará a seguir practicando durante a semana as actividades presentadas na aula. Agora que non podemos levar a frauta a clase, é moi importante que todas as semanas practiquedes un pouquiño as cancións que vos deixo para que poidades seguir aprendendo e progresando.

Colgaremos xogos rítmicos, vídeos divertidos, historias interesantes .... tamén publicaremos os vosos vídeos tocando a frauta e outros instrumentos, fotos dos vosos instrumentos e todo o que fagamos nas clases. 

Lembrade desinfectar os vasos rítmicos, a frauta e todo o que empreguedes para practicar, antes e despois de usalo. É moi importante !!!

Agora déixovos con esta canción tan bonita e tan positiva. Para todos vós e as vosas familias.

Deséxovos un bo curso e lembrade que ... a vida con música soa mellor!!!

Comezamos !!!





Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...