domingo, 18 de outubro de 2020

Ritmo e melodía

 




Ola rapaces e rapazas de cuarto!


Este curso imos aprender a facer ritmos con obxectos cotiáns. Como vedes na foto, comezaremos cuns vasos de plástico. Mellor que sexa duro, para que non rompan. Podedes traelos o día que teñamos clase e logo practicaredes na casas con eles. Non vos esquezades de desinfectalos antes e despois de traballar con eles. 

Comezamos traballando o ritmo con estes exercicios para practicar como fixemos na clase. Non vos confiedes que, aínda que semellen doados, precisan de práctica.






Agora imos ca melodía. Sacade a frauta, desinfectádea e veña, en posición para comezar. Aproveitade os exercicios de preparación para escoitar os sons e cantar as notas, como facemos na aula.  Así practicaremos á vez a lectura e a interpretación musical.












Hoxe chegamos ata aquí. Practicade moito para a próxima clase. Déixovos estes vídeos que enviaron Niko e Pedro. Grazas por compartilos!!









Ata o luns !!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...