domingo, 18 de outubro de 2020






Ola a todas e todos!

Como xa falamos na clase, este curso a clase vai ser un poquiño diferente. Non poderemos levar a frauta nen tocar os instrumentos da aula de música pero non vos preocupedes: ímolo pasar moi ben. Seguiremos aprendendo cancións, practcando ritmos, tocando instrumentos inventados por nós ... as cancións de frauta aprenderémolas na clase e logo teredes que traballalas na casa. 

As actividades que imos facer esta semana serán melódicas e rítmicas. Lembrade que, se queredes seguir progresando, deberedes traballar ca frauta un poquiño todas as semanas. Buscade unha forma de construír unha frauta para traer a clase tal e como falamos a semana pasada. Botádelle imaxinación e a ver que sae.

Aproveitade esta oportunidade para poñervos ao día ca lectura das notas musicais e a aprendizaxe da frauta. Lembrade que é moi importante desinfectar as mans e a frauta antes e depois de traballar con ela.













Este curso tamén imos aprender a facer ritmos con obxectos cotiáns. Comezamos cuns vasos de plástico. Mellor que sexa duro, para que non rompan. Poderedes traelos o día que teñamos clase e logo practicaredes na casas con eles. Non vos esquezades de desinfectalos antes e despois de traballar . 

Comezamos traballando o ritmo con estes exercicios para practicar como fixemos na clase. Non vos confiedes que, aínda que semellen doados, precisan de práctica.








Esta semana tivestes que investigar sobre o piano, así que imos ver unha escea da película "El pianista". Música do compositor polaco Federico Chopin.



Ata aquí a clase se hoxe. Agora a practicar durante a semana as cancións de frauta e os ritmos.  Seguide investigando sobre o piano: quen o inventou, en que ano, a que familia pertence, como se toca, como é por dentro, cantas teclas ten, compositores de música para piano, obras famosas ... e moitas máis cousas que poderedes aprender mentres investigades sobre este instrumento tan bonito.

Ata a semana rapaces! Traballade moito!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...