#xuntosconseguirémolo |
Ola a todas e todos!!
Estamos na recta final do curso e hoxe daremos a nosa derradeira clase.
A semana que ven, concretamente o xoves 18 de xuño, teremos unha cita aquí, en Petiscos Musicais, para despedir con música este curso escolar tan atípico. Despediremos aos nosos/as compañeiros/as de sexto de primaria, que marcharán para o instituto. Conto con todos/as vós para desfrutar dese concerto tan especial.
A semana que ven, concretamente o xoves 18 de xuño, teremos unha cita aquí, en Petiscos Musicais, para despedir con música este curso escolar tan atípico. Despediremos aos nosos/as compañeiros/as de sexto de primaria, que marcharán para o instituto. Conto con todos/as vós para desfrutar dese concerto tan especial.
Durante estas semanas fomos coñecendo os diferentes instrumentos musicais. Hoxe imos coñecer á gran familia que forman estes instrumentos: a orquestra sinfónica.
"Unha orquestra sinfónica está formada por máis de oitenta músicos/as que tocan instrumentos de vento, de metal e de percusión. Cada instrumento ten un lugar determinado na orquestra, que está dirixida por unha directora ou un director"
"Unha orquestra sinfónica está formada por máis de oitenta músicos/as que tocan instrumentos de vento, de metal e de percusión. Cada instrumento ten un lugar determinado na orquestra, que está dirixida por unha directora ou un director"
Un pouquiño de historia ...
Unha vez máis decatámonos das aportacións do pobo grego á música. Xa coñeciamos unha morea de palabras procendentes da súa lingua: pentagrama, tetragrama, xilófono, metalófono, pentatónico ... e agora, orquestra.
Como vistes no vídeo, ás veces, a orquestra convida a algún instrumento que non forma parte dela, como o piano, a guitarra, o saxofón ou ... algún "instrumento" tan peculiar coma este... Vós xa non o coñecedes pero os vosos pais e avós si... Preguntádelle !!!!
"A máquina de escribir". Leroy Anderson
Aquí escoitaremos aos músicos e músicas que compoñen a Orquestra Sinfónica de Galicia. Como non podían ensaiar xuntos, tocaron cada un/unha na súa casa e interpretaron esta peza.
"Nimrod", Variación nº 9 de "Variacións Enigma"
Edward Elgar
Orquestra Sinfónica de Galicia
Cal é a función do/a director/a de orquestra? Estamos afeitos/as a ver directores de orquestras, mais esta labor tamén é desenvolvida por mulleres, como Lucía Marín, Inma Shara, Alondra de la Parra, entre moitas outras.
Lucía Marín. Directora de orquestra.
A orquestra sinfónica pode interpretar música de todos os estilos e épocas: música clásica, música de cine, música tradicional ...
" A danza do sabre". Khachaturian
"Os sete magníficos". E. Berstein
Dirixe: Inma Shara
"Marcha do entrelazado do Allariz"
Carlos Núñez e Orquestra Sinfónica de Galicia
Carlos Núñez e Orquestra Sinfónica de Galicia
Mozart, Beethoven, Chopin, Tchaikosvky, Debussy e moitos máis músicos/as escribiron obras para a orquestra sinfónica: concertos, sinfonías, óperas... sería imposible plasmar as obras máis importantes ou destacadas porque hai tantas ... e tan fermosas ... que sodes vós os/as que teredes que ir descubrindo aos compositores e as obras que máis vos gusten. Para iso, nada mellor que escoitar música de todos os estilos.
Para seguir aprendendo
🎶 Conto musical: "Sofía, a vaca que amaba a música"
Déixovos uns enlaces para que poidades facer actividades relacionadas ca clase de hoxe.
Para os máis cativos
🎶Adiviña quen soa
🎶 Xogamos cos instrumentos
🎶 Xogamos cos instrumentos 2
🎶 A orquestra de Sofía
Para os cativos que queren saber máis e para os menos cativos
🎶 Para saber máis sobre a orquestra sinfónica. Parte 1.
🎶 Para saber máis sobre a orquestra sinfónica. Parte 2
🎶 Instrumentos das orquestra sinfònica
🎶 Jaime Altozano e a orquestra.
🎶 Adiviña que instrumento da orquestra soa
Ata aquí a clase de hoxe. Pero aínda non marchamos. Imos desfrutar ca interpretación destes/as pequenos/as grandes músicos/as.
Música mestres/as!!! 🎷🎹🎺🎻🎸
E tamén das creacións duns/dunhas luthiers moi especiais. Aí van!!!!
Moitas grazas a todas e a todos!!
Vémonos no "Concerto de Fin de Curso" que terá lugar aquí, en Petiscos Musicais, o xoves 18 de xuño.
Non faltedes!!! Poderedes aproveitar para despedirvos dos vosos compañeiros e compañeiras. Esperámosvos!!!!
"Disney in concert"
Ningún comentario:
Publicar un comentario