Concerto Fin de Curso |
Benvidas e benvidos a Petiscos Musicais!!!
Como todos os anos por estas datas, imos celebrar o Concerto de Fin Curso. Hoxe é un día moi especial; en realidade, todo este curso foi bastante especial. Tivemos que aprender a estudar e traballar desde casa, a non ver aos amigos e á familia, a deixar de facer cousas que nos fan felices... mais tamén aprendimos a valorar as pequenas cousiñas como xogar no parque, dar un paseo ou abrazar ás persoas que queremos.
Todo iso fai que o día de hoxe cobre tanto valor. Ese pequeno concerto no que participamos todos os anos no salón de actos do cole para celebrar o final de curso e despedir aos compañeiros de sexto, convértese hoxe nun Grande Concerto onde, desde casa, imos compartir o estupendo traballo dos compañeiros/as que rematan unha etapa e comezan outra.
A todos vós, compañeiros e compañeiras de sexto, desexámosvos o mellor e agradecemos o esforzo que fixestes para que, a pesar das circunstancias, poidamos desfrutar deste día e que Petiscos Musicais sexa hoxe unha Grande Sala de Concertos. Grazas!!
Comezamos. Imos recibilos cun enooorme aplauso.
Comezamos con Mara, Carlota e Jorge. Van deleitarnos con "That´s all flok" e "O son do ar".
Viaxamos ata Canadá, para escoitar esta canción tradicional tan fermosa. Xa sabedes que é a miña preferida; non pode faltar no programa. Neste caso non a poidemos tocar a tres voces, nen empregar a frauta contralto que tanto nos gusta; aínda así, é preciosa. Titúlase "A la claire fontaine" e vai ser interpretada por Víctor, Luisda, Iván, Lola e Anxo. Adiante rapaces!!
Imos cara atrás e aterramos na época do Barroco, si, a de Bach, Vivaldi, Pachelbel e tantos outros músicos que compuxeron obras marabillosas.
Con todos vós: Adrián, Irene e Sabela. Interpretan "Viva Vivaldi", de Jesús Palazón.
Seguimos no Barroco e agora imos escoitar aos xograres de Arteixo.
Con todos vós Matías, Jose e Alén interpretando, a tres voces, "Canon" de Johann Pachelbel.
Volvemos á música tradicional, mais esta vez é música da nosa terra. Nekane e Daniela van interpretar para nós "A Rianxeira".
Estou segura que vos ides deixar levar polo ritmo da seguinte canción. Ten unha melodía que todos/as coñecemos e un ritmo que convida a bailar.
Uxía, Sofía, Sergio, Diego, Alex e Alejandra van a interpretar "Mamma mía", un éxito do grupo pop dos anos setenta, ABBA.
Cambiamos de época e de estilo. Que vos parece se imos ao cine??
Señoras e señores, con todos vostedes Jimena e Xiana, interpretando as fermosas melodías das bandas sonoras das películas "La vita é bella" e "Titanic".

Estamos a a piques de rematar, pero antes imos comprobar o "perigo" que ten isto de facer concertos no blogue. Aquí todo é posible, ata dar un concerto sen sabelo. Queredes comprobalo? Pois mirade, mirade ...
Ata aquí chegamos. Espero que desfrutarades moito deste concerto tan especial. Desde aquí quero felicitar a todas as nenas e nenos que participastes polo bo traballo, o compromiso, a ilusión, o esforzo e a implicación para facer de hoxe un día especial.
Os traballos que mandastes algúns de vós esta semana, serán os primeiros que se publiquen cando comece o cole; hoxe resultoume totalmente imposible. O blogue veu para quedarse. Tamén irei colgando pouco a pouco, en petiscos de sexto, algúns vídeos de cancións e instrumentacións que conservo destes cursos; poderédelos descargar e formarán parte dos vosos recordos.
Despedimos este concerto lembrando algúns momentos dos últimos cursos. Nadal, Día da Paz, Entroido, Concertos Didácticos, Fin de Curso... momentos extraordinariamente sinxelos que desfrutamos xuntos. Espero que vos guste.
Animádevos a participar aquí abaixo, en "Comentarios", escribindo algo para os vosos compañeiros e compañeiras.
E aos que marchades para o instituto ... portádevos ben!!! Estareivos vixiando desde a miña clase.
Unha grande aperta a todas e todos! Ata pronto!! Feliz verán !!