domingo, 7 de febreiro de 2021

A familia do vento metal


A trompeta máxica


Ola a todas e todos!


Comezamos a clase con música. 




O que acabamos de ver é un quinteto de metáis: unha tuba, unha trompa, un trombón de varas e dúas trompetas. Os instrumentos da familia do vento metal ao completo interpretando "El vuelo del moscardón", do compositor ruso Rimsky Korsakov, un dos compositores rusos máis populares do século XIX



FAMILIA VENTO METAL


Imos coñecelos. Prestade atención!!



Imos intentar recoñecer o seu timbre. 


Repasamos o timbre de toda a familia do vento. Ollo! que hoxe tamén quixeron xogar  os de vento madeira e andan polo medio. 



As Calidades do son

Lembrades cales eran? A semana pasada falamos delas e traballamos o timbre. Hoxe imos traballar a altura. Imos comezar cun xogo. 



Imos escoitar a  mesma peza do principio da clase "El vuelo del moscardón" coa familia dos saxofóns. Veredes que hai catro saxos distintos que se diferencian pola altura do seu son. De agudo  a grave:  saxo soprano, saxo tenor, saxo alto e saxo barítono. 

Lembra: canto máis grave, máis grande; e canto máis agudo, máis pequeno. Intenta identificalos.




Xa estamos a piques de rematar, pero antes ... 







Bicos  a todos e todas. Moito ánimo chic@s!!!








xoves, 28 de xaneiro de 2021

Vento madeira ... acción!!


Petiscos de sexto



Ola de novo!

Como xa vos dixen na clase, este trimestre imos profundizar nos instrumentos da  Familia  do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira  ou de metal. 
Comezaremos polos instrumentos de vento madeira. Esta familia caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis! 



FAMILIA VENTO MADEIRA




Dentro da súa familia clasifíncanse dependendo da peza por onde se sopre.




Escoitade con atención


Imos repasar as cualidades do son. Ide parando o vídeo se o precisades.


Hoxe imos traballar o timbre, que a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos Imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".


Vento, madeira ...acción! Fixádevos na variedade de frautas e saxofóns.



TAREFAS PARA FACER NA LIBRETA DE MÚSICA

🎷Cales son os instrumentos que forman a familia de vento madeira?
🎷De que material están feitos?
🎷Que tipo de boquilla ten cada un deles?
🎷Debuxa algún dos instrumentos desta familia.



Estamos a piques de rematar, pero antes:

♫ Déixovos un conto musical titulado "Pedro y el lobo" donde aparecen algúns dos instrumentos que acabamos de estudiar.  
Neste conto cada instrumento representa a un personaxe da historia e hai varios protagonistas da familia do vento madeira.




O estreo da obra orixinal foi o 2 de maio de 1935, hai case 86 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo a animación que acabades de ver. 

TAREFA PARA FACER NA LIBRETA DE MÚSICA

👀 Investiga quen foi o compositor deste conto musical.
👀 Sitúao no luga e no tempo
👀 Busca algún dato queste músico que che resulte interesante

Pois agora ... a traballar ... un, dos!!!






XOVES 28 DE XANEIRO


Ola rapaces:

Imos comezar traballando unhas cancións de frauta. Comezamos.







Ollo que esta xa é máis difícil. Fixádevos ben na negra con puntiño e corchea. 




Se vos parece que vai rápida, lembrade o truquiño que vos ensinei para ralentizalas. Só ata que a saibades ben, logo tedes que poñela a velocidade normal.



Agora imos escoitar a algúns instrumentos de vento madeira da man dalgúns compañeiros/as vosos/as. Marina de 6ºA, Pablo de 5ºB e Jimena e Carlota, ex alumnas do cole.
Marina


                                                                Jimena


Pablo


Carlota vainos amosar as diferencias entre a frauta traveseira e a frauta doce.



Grazas a todas e todos. Traballade moito. Ata a semana!!!

Tamén poderedes acceder ao traballo semanal a través da aula virtual. 

Veña, probade!





Pedro e o lobo


Petiscos de cuarto




Ola rapaces!

Como xa vos dixen na clase, este trimestre imos profundizar na Familia  do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira  ou de metal. Imos comenzar polos coñecer Instrumentos de vento madeira. Veredes que ben volo explican estes amigos.


Estades sorprendid@s por atopar ao acordeón nesta familia? 

TAREFA

👀 Investigar porqué o acordeón pertence á familia do vento. Escribe a resposta na túa libreta de música.

Aquí temos unha foto da familia do vento madeira.

FAMILIA VENTO MADEIRA


Dentro da súa propia familia, clasifícanse dependendo como sexa a boquilla por onde se sopra. Escoitade con moita atención:



A familia do vento madeira caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!





O timbre? que será iso do timbre? non temos nin idea...






Tedes razón chic@s! Aínda non estaba explicado... que cabeza! Cando escoitamos un son podemos dicir se é forte ou suave, grave ou agudo, longo ou curto e tamén podemos dicir se é dun can, dun gato ou dun elefante. Pois esas son as cualidades do son e teñen estes nomes: intensidade (forte/suave), altura (grave/agudo), duración (longo/curto) e timbre, que nos axuda e identificar o son.


Imos comprendelas un pouquiño


Esta semana traballaremos o timbre, que é a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir os diferentes sons: a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos ... Abride ben as orellas; imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".



                                        "PEDRO E O LOBO"

Algúns dos instrumentos desta familia participan neste conto musical "Pedro e o  lobo", composto por Serguéi Prokófiev, un músico ruso. Cada instrumento representa a un personaxe da historia. Como son moi educadiños, o primeiro que van facer é presentarse.



 Vouvos contar a h¡storia de como se escribiu este conto. 
Veredes. Unha amiga de Prokófiev, chamada Natalya, era actriz e mestra no Teatro Infantil de Moscú, e pedíulle a Prokófiev que escribira unha historia infantil para que os seus alumnos/as poideran descubrir algúns instrumentos da orquestra. A Prokófiev non lle fixo moita graza, porque el só escribía música para adultos. Natalya insistiulle tanto que non lle quedou máis remedio que facelo e escribiuno en catro días.

O estreo foi o 2 de maio de 1935, Hai  case 86 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo unha animación desta historia. Ides ver dúas versións:




TAREFA

👀 Investigar quen foi o compositor deste conto musical
👀 Lugar e data de nacemento
👀 Algún outro dato que vos pareza interesante sobre este músico.

Escribe as respostas na túa libreta de música.

Para rematar imos escoitar a narración completa do conto. Na clase vimos uns minutos pero agora, na casa, poderedes desfrutala enteira.


                         
TAREFA

👀 Cales son os instrumentos que compoñen a Familia do Vento Madeira. Escribe as respostas na túa libreta de música.

Déixovos uns vídeos moi divertidos por se queredes debuxar algúns dos instrumentos desta familia. 

O clarinete 
A frauta doce
O saxofón 
A frauta traveseira


 Escoitamos unha pezas para desfrutar desta familia tan bonita.


"Hedwig´s Theme". Da película "Harry Potter"
Veredes diferentes flautas,saxofóns, clarinetes e oboe.





Veña ... a traballar moito!!!!




XOVES, 28 DE XANEIRO DE 2021

Ola rapaces:

Aquí estamos de novo. Vouvos deixar aquí unha tarefas para que fagades nos días que quedan ata a clase seguinte. Para a semana que ven xa nos poñemos ao día, vale?

Imos traballar sobre todo cal frauta. Aí van estes exercicios e cancións.







Y ahora, una de mis preferidas. Aconpañada ademáis por un instrumento do vento madeira: sabedes cal é?

                                                    "Balada"





Agora imos escoitar a algúns instrumentos do vento madeira da man dos/das  nosos/a compañeiros/asAlicia, Ainoa e Pablo e os seus instrumentos de vento madeira. Espero que vos guste!!!






Tamén poderedes acceder a estas actividades a través da aula virtual.

Ata a semana que ven!












xoves, 3 de decembro de 2020

Chega O Nadal!

BO NADAL!!!!!


Ola a todas e todos!

Xa queda moi pouquiño para esta época tan bonita do ano e o que apetece agora e traballar melodías de Nadal.

Aquí déixovos as propostas de Nadal que estamos a traballar nas aulas de cuarto e sexto de primaria. Esta vez a clase é para os dous cursos e, aínda que cada un sabe as actividades que lles corresponden, vounas poñere en común para todos7as poidades desfrutar delas.

Imos alá!

Comezamos con este exercicio rítmico que xa traballamos na clase. trátase de interpretar ca percusión corporal esta coñecida peza.


"Marcha Radetzky". Johann Strauss
 


Practicádea moito na casa; cada curso xa sabe a parte que lle corresponde. Unha vez aprendida a vosa parte, poderedes traballar o resto. Para aprendelo, poderedes poñelo máis lento se é preciso. Xa sabedes o truquiño !! 😉😉

Marcha Radetzky é unha  composición orquestal de Johann Strauss escrita en no ano 1848. Está considerada como un dos himnos oficiais de Austria. 

Tradicionalmente,  Marcha Radetzky é a última peza que se interpreta no Concerto de Aninovo de Viena. Poderedes desfrutar deste concerto o día 1 de xaneiro na televisión; é a única peza do mundo na que o director convida ao público a que acompañen cas palmas algúns fragmentos. 

Escollín a interpretación deste ano porque encántame o director da orquestra Georges Pétre que nese momento tiña nada menos que ...  86 anos!!!!!


Marcha Radetzky. Concerto de Aninovo 2010. George Pétre



Aproveito para deixarvos as Cancións de Nadal de frauta para o alumnado de sexto. Xa sabedes que os/as alunos/as de cuarto podedes intentalo, especialmente ca primeira canción,  aínda que non é obrigatorio. Tamén vos deixo os exercicios de preparación para que vos facilite o traballo. Veña, mans á obra!!


"Estreliña, onde estás?" 🎆🎇🎄





"Jingle Bells" 🎅🎄🎇🎵🎷



Aínda máis difícil! 😀🎵




Como xa vos dixen na clase, déixovos unha táboa cas dixitacións.



E agora repasamos o que temos prendido neste trimestre ca frauta.














mércores, 18 de novembro de 2020

Eso que tú me das !!

 



Benvidas e benvidos a Petiscos Musicais!


Despois duns meses de descanso e das semanas de adaptación ao cole, voltamos con moita música e moitas ganas de aprender e traballar.

Como xa sabedes, o blog vai ser un recurso máis da aula de música para aprender na casa e na clase. 

Este curso a clase de música vai ser algo diferente: imos dar  clase na nosa aula, non imos levar a frauta, non poderemos traballar con todos eses instrumentos tan chulos que hai na clase... pero non pasa nada. Imos aproveitar esta oportunidade para construír os nosos propios instrumentos, para aprender a facer música doutro xeito, para coñecer a moitos intérpretes e compositores pero, sobre todo, para seguir divertíndonos cos nosos amigos e amigas a través da música.

Neste blog colgaremos as actividades semanais que imos traballar na clase; se por calquera circunstancia non podedes vir á escola, poderedes abrir  o blog e alí estarán as actividades que imos facer na aula. 

O blog tamén nos axudará a seguir practicando durante a semana as actividades presentadas na aula. Agora que non podemos levar a frauta a clase, é moi importante que todas as semanas practiquedes un pouquiño as cancións que vos deixo para que poidades seguir aprendendo e progresando.

Colgaremos xogos rítmicos, vídeos divertidos, historias interesantes .... tamén publicaremos os vosos vídeos tocando a frauta e outros instrumentos, fotos dos vosos instrumentos e todo o que fagamos nas clases. 

Lembrade desinfectar os vasos rítmicos, a frauta e todo o que empreguedes para practicar, antes e despois de usalo. É moi importante !!!

Agora déixovos con esta canción tan bonita e tan positiva. Para todos vós e as vosas familias.

Deséxovos un bo curso e lembrade que ... a vida con música soa mellor!!!

Comezamos !!!





Somos luthiers


"Somos luthiers"


Ola rapaces e rapazas:

Que significará esa palabra tan rara? 

Antes, luthier ou lutier era a persoa que construía  ou reparaba instrumentos de corda. Agora, chamamos luthier á persoa que constrúe ou repara calquera instrumento musical, sexa de corda, vento ou percusión.

Este curso ímonos convertir en luthiers construíndo, trimestre a trimestre, instrumentos das tres familias para crear a nosa propia orquestra. Apetécevos?? 
Pois veña, non hai tempo que perder.

Comezamos cunha frauta ben sinxela. Ímola construír para practicar na clase. Algúns de vós xa construistes frautas moi chulas de cartón, de papel, con envases de espuma ...
Hoxe déixovos aquí unha idea moi sinxela. Podedes poñela ao voso gusto ou animarvos con outras propostas. Cando estea rematada, teredes que traela a clase para practicar a dixitación das cancións. Pedide axuda se o precisades e lembrade que as frautas teñen sete buratos diante e un detrás 😉


Agora que xa temos frauta, imos practicar un pouquiño cunhas cancións de Nadal que dentro de nada xa estamos co turrón!!! 🎄🎄🎅🎅

"Estreliña, onde estás?"



     "Jingle Bells" (Versión curta)


                                           Jingle Bells! (Versión longa)


Practicade moito estas cancións e lembrade de repasar as anteriores.

E agora xogamos  a ser ...   

                                    Os Detectives da Música!! 



Esta semana imos investigar estes misterios. Prestade atención e apuntade os vosos descubrimentos na libreta de música. O vindeiro día de clase, teredes que conatrnos o que descubristes.

🔍En que país naceu Beethoven? Averigua a data do seu nacemento.

🔍Cantos anos antes ca ti naceu Beethoven?

🔍Averigua en que ano morreu. Cantos anos fai da súa morte?

🔍 Cantos anos tiña cando morreu?

🔍 Cal era o seu instrumento preferido?

🔍 Que enfermidade tivo Beethoven ? Coñeces algunha das súas 
     composicións?


Agora que xa descubristes estes misterios, déixovos aquí unha maneira moi orixinal de descubrir a vida de Beethoven.

A vida Ilustrada de Ludwig Van Beethoven


Beethoven. Concerto nº 5, "Emperador". Adagio

 Podedes escoitala mentres leedes, pintades ou vos relaxades. Espero que vos guste.



Ímonos despedir coa escena final da película "El discurso del Rey". Conta a historia do rey de Inglaterra que, con moito esforzo, intenta superar os problemas de tartamudez que ten desde neno. É unha película preciosa onde poderedes escoitar moita música de Beethoven e tamén algo de Mozart.

Beethoven. Sinfonía nº 7 en La mayor. Allegretto


                                           Ata a semanaaaaa !!!




domingo, 15 de novembro de 2020

Somos luthiers

 

Somos luthiers

Ola rapaces e rapazas:

Que significará esa palabra tan rara? 

Antes, luthier ou lutier era a persoa que construía  ou reparaba instrumentos de corda. Agora, chamamos lutier á persoa que constrúe ou repara calquera instrumento musical, sexa de corda, vento ou percusión.

Este curso ímonos convertir en lutiers construíndo, pouco a pouco, instrumentos das tres familias para crear a nosa propia orquestra. Apetécevos?? 
Pois veña, non hai tempo que perder.

Como este curso non podemos levar a frauta a clase, algúns de vós construistes frautas moi chulas de cartón, de papel, con envases de espuma ...
Hoxe déixovos aquí unha idea moi sinxela. Animádevos e traede a vosa frauta a clase para practicar a dixitación das cancións. Pedide axuda se o precisades e lembrade que as frautas teñen sete buratos diante e un detrás 😉


Agora que xa temos frauta, imos practicar un pouquiño.





 

Cambiamos agora ao ritmo con este exercicio tan divertido. Tedes que prestar moita atención. Se non tedes follas de cores podedes empregar follas brancas e facerlles debuxos en cor vermella, verde, azul e verde para distinguilas. Cando as teñades preparadas, teredes que traelas a clase e xogaremos a crear e imitar ritmos.


Mentres decorades as vosas follas, podedes escoitar esta música tan bonita que coñecimos a semana pasada na clase.

      Beethoven. Concerto nº 5."Emperador". II Movemento. Adagio



E agora xogamos a ser  ...               

                                OS DETECTIVES DA MÚSICA!!
   


Esta semana imos investigar estes misterios. Prestade atención e apuntade os vosos descubrimentos na libreta de música.

🔍En que país naceu Beethoven? Averigua a data do seu nacemento.

🔍Cantos anos antes ca ti naceu Beethoven?

🔍Averigua en que ano morreu. Cantos anos fai da súa morte?

🔍 Que enfermidade tivo Beethoven ? Coñeces algunha das súas 
     composicións?


Agora que xa descubristes estes misterios, déixovos aquí unha maneira moi 
orixinal de descubrir a vida de Beethoven.

A vida Ilustrada de Ludwig Van Beethoven


Ímonos despedir coa escena final da película "El discurso del Rey". Conta a historia do rey de Inglaterra que, con moito esforzo, intenta superar os problemas de tartamudez que ten desde neno. É unha película preciosa onde poderedes escoitar moita música de Beethoven e tamén algo de Mozart.

Beethoven. Sinfonía nº 7 en La mayor. Allegretto


Ata aquí a tarefa desta semana. Traballade moito que moi prontiño teredes que ir mandando algún vídeo tocando a frauta.

Ata a semanaaaaa !!!







   

martes, 27 de outubro de 2020

Ritmos terroríficos

 



Ola rapaces e rapazas!

Aproveitando que estamos en Samaín, esta semana imos traballar con ritmos e melodías terroríficas. Comezamos cunha canción para frauta propia desta época.

Imos agora a practicar varios exercicios rítmicos cuns esqueletes moi divertidos




Seguimos con esqueletes e con percusiòn corporal


Que vos parece agora traballar con pantasmas?


Imos rematar cunha peza titulada "Danza macabra" do compositor francés Camile Saint-Saëns. Mentres a escoitades poderedes facer un debuxo terrorífico.

Como vos dixen na útima clase, imos traballar estas cancións novas. Practicade moito e non vos esquezades de seguir traballando os exercicios da semana pasada.








Ata o martes!!





A familia do vento metal

A trompeta máxica Ola a todas e todos! Comezamos a clase con música.  O que acabamos de ver  é un quinteto de metáis: unha...