A trompeta máxica |
Ola a todas e todos!
Comezamos a clase con música.
Imos coñecelos. Prestade atención!!
O que acabamos de ver é un quinteto de metáis: unha tuba, unha trompa, un trombón de varas e dúas trompetas. Os instrumentos da familia do vento metal ao completo interpretando "El vuelo del moscardón", do compositor ruso Rimsky Korsakov, un dos compositores rusos máis populares do século XIX.
FAMILIA VENTO METAL
Imos coñecelos. Prestade atención!!
Imos intentar recoñecer o seu timbre.
Repasamos o timbre de toda a familia do vento. Ollo! que hoxe tamén quixeron xogar os de vento madeira e andan polo medio.
As Calidades do son
Lembrades cales eran? A semana pasada falamos delas e traballamos o timbre. Hoxe imos traballar a altura. Imos comezar cun xogo.
Imos escoitar a mesma peza do principio da clase "El vuelo del moscardón" coa familia dos saxofóns. Veredes que hai catro saxos distintos que se diferencian pola altura do seu son. De agudo a grave: saxo soprano, saxo tenor, saxo alto e saxo barítono.
Lembra: canto máis grave, máis grande; e canto máis agudo, máis pequeno. Intenta identificalos.
Xa estamos a piques de rematar, pero antes ...