Petiscos de sexto |
Ola de novo!
Como xa vos dixen na clase, este trimestre imos profundizar nos instrumentos da Familia do Vento. Como ben sabedes, os instrumentos desta familia poden ser de madeira ou de metal.
Comezaremos polos instrumentos de vento madeira. Esta familia caracterízase por ter un timbre suaviño, melodioso e profundo. Escoitade, a ver cal vos gusta máis!
FAMILIA VENTO MADEIRA
Dentro da súa familia clasifíncanse dependendo da peza por onde se sopre.
Escoitade con atención
Imos repasar as cualidades do son. Ide parando o vídeo se o precisades.
Hoxe imos traballar o timbre, que a cualidade do son que nos axuda a recoñecer e distinguir a voz dos nos@s amig@s, dos animais, dos instrumentos Imos xogar a recoñecer o timbre dos instrumentos da familia do vento. Estade moi atent@s porque os instrumentos de vento metal tamén queren xogar e "coláronse".
Vento, madeira ...acción! Fixádevos na variedade de frautas e saxofóns.
TAREFAS PARA FACER NA LIBRETA DE MÚSICA
🎷Cales son os instrumentos que forman a familia de vento madeira?
🎷De que material están feitos?
🎷Que tipo de boquilla ten cada un deles?
🎷Debuxa algún dos instrumentos desta familia.
Estamos a piques de rematar, pero antes:
♫ Déixovos un conto musical titulado "Pedro y el lobo" donde aparecen algúns dos instrumentos que acabamos de estudiar.
Neste conto cada instrumento representa a un personaxe da historia e hai varios protagonistas da familia do vento madeira.
♫ Déixovos un conto musical titulado "Pedro y el lobo" donde aparecen algúns dos instrumentos que acabamos de estudiar.
Neste conto cada instrumento representa a un personaxe da historia e hai varios protagonistas da familia do vento madeira.
O estreo da obra orixinal foi o 2 de maio de 1935, hai case 86 anos!!! Máis adiante, no ano 1946, Walt Disney fixo a animación que acabades de ver.
TAREFA PARA FACER NA LIBRETA DE MÚSICA
👀 Investiga quen foi o compositor deste conto musical.
👀 Sitúao no luga e no tempo
👀 Busca algún dato queste músico que che resulte interesante
Pois agora ... a traballar ... un, dos!!!
Ollo que esta xa é máis difícil. Fixádevos ben na negra con puntiño e corchea.
Se vos parece que vai rápida, lembrade o truquiño que vos ensinei para ralentizalas. Só ata que a saibades ben, logo tedes que poñela a velocidade normal.
Agora imos escoitar a algúns instrumentos de vento madeira da man dalgúns compañeiros/as vosos/as. Marina de 6ºA, Pablo de 5ºB e Jimena e Carlota, ex alumnas do cole.
Marina
Jimena
Pablo
Carlota vainos amosar as diferencias entre a frauta traveseira e a frauta doce.
Grazas a todas e todos. Traballade moito. Ata a semana!!!
Tamén poderedes acceder ao traballo semanal a través da aula virtual.
Veña, probade!